Coresma 

 

ESQUEMA VIXILIA CORESMA 2011

 

“A viño novo, odres novos” (Mt 9, 17)

 

 

Despois do ensaio de cantos, e para empezar a Vixilia, apagaranse as luces e soando música relaxante de fondo un animador contará a seguinte narración:

 

 

1.- DÍA OU NOITE?

 

"Día ou noite?" Preguntou un mestre aos seus discípulos para ver se saberían dicir cando acababa a noite e empezaba o día.
Un deles díxolle: "Cando ves un animal a distancia e podes distinguir se é unha vaca o un cabalo".
"Non", dixo o mestre.
Outro díxolle: "Cando miras unha árbore a distancia  podes distinguir se é un mango o unha laranxeira".
"Tampouco" dixo o mestre.
"Está ben", dixéronlle os discípulos, "dinos cando é".
Ao que o mestre respondeu: "Cando miras a un home ao rostro e recoñeces nel a teu irmán; cando miras á cara dunha muller e recoñeces nela a túa irmá. Se no es capaz disto, daquela, sexa a hora que sexa, para ti... aínda é de noite!".

 

 

         Despois da narración o animador 2 dará a benvida a este segundo encontro de grupos e familias, retomando e facendo preguntas sobre a narración que acabamos de escoitar.

 

         Cando o crea conveniente, dará por rematado este momento cantando o canto de entrada.

 

2.- CANTO DE ENTRADA:

 

¿ONDE VIVES, ONDE MORAS?    

(  Encontro de Música en Pontevedra)

 

¿Onde vives, onde moras?, dimo ti, Señor.

Quero ollarte, quero oírte sempre a ti Señor.

 

1. Ven comigo, sigue os meus pasos, ven comigo e o verás.

Ven comigo, sigue a  chamada, ven comigo e alí quedarás.

 

2. Ven comigo, deixa a túa casa, ven comigo, escóitame;

ven comigo, se queres verme, ven comigo e alí quedarás.

 

Vamos todos, vamos xuntos, vamos xa con El.

Que nos chama, que nos guía que nos quer con El.

 

3.- QUÉ NOS TOCA O CORAZÓN? QUE REALIDADES, COUSAS E NOTICIAS NOS PREOCUPAN?

 

Nós temos cousas boas e malas, se traballamos e intentamos vivir co bo e o malo, ao final a vasilla ROMPE.

 

Intervirán os grupos de 1º de ESO e de 1º de BACH, e o que compartirán será:

         - Que lles toca o corazón?

         - Que realidades, cousas e noticias lles preocupan?

 

Á vez que compartan, meterán nunha vasilla medio rota pelotas de escuma ata que a vasilla se rompa, ou senón, facer que se rompa.

Intervirán os grupos de 1º de ESO, cantarase a antífona, e despois os de 1º de BACH, e cantarase de novo a antífona.

Antífona: “Nada nos separará, nada nos separará, nasa nos separará do amor de Deus” (bis).

 

4.- ESCOITAMOS:

Introdución: o animador 3

A lectura faraa un/ha rapaz/rapaza dun grupo do colexio.

“Achegáronselle daquela os discípulos de Xoán e preguntáronlle:   «Porque    nosoutros e os fariseos xaxuamos, e os teus discípulos non xaxúan?»  Xesús  contestoulles:

É que poden estar tristes os amigos do noivo mentres el está con   eles? Chegará un día en que lles quitarán o noivo; entón xaxuarán.  Ninguén pon un remendo de pano novo nun vestido vello, porque o engadido tirará do vestido e a rachadura farase maior. Tampouco se bota viño novo en odres vellos, porque os odres rebentan, o vino derrámase, e pérdense os odres. O viño novo bótase en odres novos, e así consérvanse os dous”

Mt 9, 14 – 17   

 

5.- FACEMOS VASILLAS NOVAS.

Momento reflexión en gran grupo recollendo os ecos da lectura.

5 persoas farán unha “medio” vasilla, que quedará sen terminar porque para terminala está a Coresma.

AS PERSOAS SERÁN: UN DE 6º, UN DE 2º, UN DE 4º, UN DE 1º UNI E BRUNO.   Farase a “medio” vasilla no momento seguinte.

 

As luces estarán todas apagadas, menos a do altar, para focalizar a atención alí. (Música para a reflexión)

 


AQUÍ ESTOU, SEÑOR

 

Aquí estou, Señor,

pra face-la túa vontade,

veño a renovar diante de Tí,

a fidelidade.

 

Cólleme nos teus brazos, Tí é-lo meu ben Señor.

Presíntote pretiño coma fonte de amor,

e douche a miña vida, dame Tí a salvación:

Tómame a min, coa miña historia, Señor.

 

Vou malgastando a vida en tantas cousas, quizais.

Máis tan só unha delas se precisa pra andar:

Escoita-la Palabra. Despois rezarche así:

Tómame a min, coa miña historia, Señor.

 

Fai que non me avergonce de invocarte, Señor;

de dicirche confiado que Tí é-lo meu Deus.

Quero manter na loita valente o corazón:

Tómame a min, coa miña historia, Señor.

 

Recoñezo que, as veces, contra Tí eu pequei,

sen cumpli-la palabra deixei de che ser fiel.

Non rexeitas agora esta ofrenda de amor:

Tómame a min, coa miña historia, Señor.

6.- O NOSO COMPROMISO.

 

Anímate a camiñar intensamente

estes corenta días para a conversión,

para producir o cambio;

para pasar da morte á vida,

do egoísmo ao amor,

do odio ao perdón,

do rancor á reconciliación,

da covardía á coraxe,

do medo á valentía,

da escravitude á liberdade,

da inxustiza á xustiza,

do desalento á esperanza,

da indiferenza ao compromiso,

da escuridade á luz,

da mentira á verdade,

da estupidez á sabedoría,

do menos humano ao máis humano,

do humano ao divino...

 

8.- SEGUIMOS CONSTRUÍNDO XUNTOS

Antes de rematar, recordar os momentos de encontro que imos ter para seguir construíndo a vasilla:.

 

ESCOITANDO A TÚA VOZ

(Encontros de Música en Pontevedra)

 

  Imos escoitar sempre a túa voz

para que a xustiza do teu Reino veña a nós (bis).

 

1. A palabra que nos falas é semente principal

de onde abrolla o teu reinado de xustiza,  amor e paz.

 

2. Xesucristo na ribeira pescadores escolleu

e chamounos a viviren vida nova cabo del.

 

 

 

MATERIAL:

 

-          Conto / historia do principio.

-          CD de música tranquila.

-          Cantos.

-          Vasilla, rota.

-          Arxila.

-          Avisar ás persoas para facer as vasillas.

-          Canción para escoitar de Sor Glenda.

-          Salmo.

-          Pelotas.

-          Un paquete de globos.

-          Ceras Manley.

-          Un calendario.

-          Un reloxo espertador.

-          Folla para os grupos que lles toca participar.

-          Folla vixilia.

-          Folla invitación aos pais.

-          Ambientación / decoración da capela. (letras, vasillas, …..)

 

Compartido polo colexio La Salle de Santiago de Compostela

Quero ter un recordo especial ós meus compañeiros da primeira CXD da nosa diócese de Tui-Vigo:

P.José Luis Rodríguez

Josefa (a "presi")

Esther

Xosefa e Ramón (de Sárdoma)

Marce e María (de Tameiga)

Anxo e Olga (do Cristo da Victoria)

Tali e Toya (parroquia de S.Francisco)

Ollea

Antonio (Porriño)

César (e máis eu, de Maristas)

 e, máis tarde,

Raquel (do Sagrado Corazón)

Emilio

que me aprenderon a ser Igrexa, Igrexa galega, sen decatarme.

 

Un bico da "secre", a que suscribe, Nuria.

Adícolle esta páxina ós que quixeron rezar ó Pai na súa lingua e non puideron. Por todos eles. 

Cun recordo especial para a miña familia de Osoño e Vilela (Verín), cos que teño pouco contacto pero grandes lembranzas.

Unha aperta moi especial ós que formaron parte da miña comunidade xuvenil de GJC e do meu corazón (e non quero dicir nomes, porque eramos moitos e non quero esquecer a ninguén, vós sabedes quen sodes).

A "Madre Superiora". 

 

 

Contacto

Xa nos tes aqui xanostesaqui@gmail.com