Elementos materiais da liturxia

O templo

 

O templo está consagrado para o culto a Deus. É verdade que Deus está presente en todas partes, pero quere ter un lugar visible da súa presenza neste mundo. E isto é o templo, a casa de Deus, que máis comunmente chamamos igrexa. Por iso, sempre que vemos unha igrexa, acordámonos de que Deus está presente no mundo e facemos o sinal da cruz. O templo ou igrexa é tamén a casa do pobo de Deus, reunido para escoitar a Palabra de Deus, para rezar, para fraternizar como fillos de Deus.

 

Ao comezo, os primeiros cristiáns daban culto a Deus en casas particulares (casas romanas de dous pisos). Requiríao a discreción e a prudencia, pois os emperadores romanos impedían todo culto público.

 

Foi Constantino en ano 313 d.C. o que permitiu o culto público e revestiuno de solemnidade e magnificencia. E foi el, o que mandou construír as basílicas, que eran edificios moi grandes, nun inicio dedicadas ao rei ou emperador, e despois ofrecidas a Deus, o Rei de reis.


Basílica: as basílicas maiores son sete e están en Roma; as menores, por todo o mundo, e foi o papa quen quixo honralas con ese título.

 

 

Catedral: onde ten a sede ou cátedra o bispo.


Igrexa abacial: onde ten a súa sede un abade mitrado.


Igrexas parroquiais: para atender espiritualmente a un grupo de fieis e a cargo do párroco e os seus colaboradores sacerdotes, nunha localidade ou territorio delimitado.

Igrexa conventual: que pertence a comunidades relixiosas.


Capelas, oratorios públicos, semipúblicos ou privados.

 

 

Quero ter un recordo especial ós meus compañeiros da primeira CXD da nosa diócese de Tui-Vigo:

P.José Luis Rodríguez

Josefa (a "presi")

Esther

Xosefa e Ramón (de Sárdoma)

Marce e María (de Tameiga)

Anxo e Olga (do Cristo da Victoria)

Tali e Toya (parroquia de S.Francisco)

Ollea

Antonio (Porriño)

César (e máis eu, de Maristas)

 e, máis tarde,

Raquel (do Sagrado Corazón)

Emilio

que me aprenderon a ser Igrexa, Igrexa galega, sen decatarme.

 

Un bico da "secre", a que suscribe, Nuria.

Adícolle esta páxina ós que quixeron rezar ó Pai na súa lingua e non puideron. Por todos eles. 

Cun recordo especial para a miña familia de Osoño e Vilela (Verín), cos que teño pouco contacto pero grandes lembranzas.

Unha aperta moi especial ós que formaron parte da miña comunidade xuvenil de GJC e do meu corazón (e non quero dicir nomes, porque eramos moitos e non quero esquecer a ninguén, vós sabedes quen sodes).

A "Madre Superiora". 

 

 

Contacto

Xa nos tes aqui xanostesaqui@gmail.com