Pascua
PASCUA PIDE UNHA VIDA NOVA
A celebración da solemnidade de Pascua é a meirande das festas do noso cristianismo, o cume de todo o ano litúrxico e a fonte de todas as grazas da Igrexa. Pascua leva consigo acompañar a Cristo na súa morte e sepultura, celebradas o venres e sábado santo, para rexurdir con El a unha vida chea de plenitude na Vixilia Pascual.
O destino de Cristo é tamén o dos que ao longo da Coresma e o Triduo Pascual tomaron parte nos seus sentimentos, actitudes, dores e esperanzas.
A PASCUA DE XESÚS É VIDA PARA OS CRISTIÁNS
A Pascua en Xesús supuxo un pasamento da condición humilde e pobre, coma "Servo de Iavé" á de Señor resucitado e cheo de gloria. Por este seu pasamento Xesús non só vive para sempre, senón que tamén é causa da nosa salvación e vida sen fin.
Polo Bautismo o cristián morreu a si mesmo con Cristo e a súa vida “está acochada con Cristo en Deus. Cando se manifesta Cristo, que é a vosa vida, daquela tamén vós vos manifestades con El revestidos
de claridade" (Col 3, 1‑4).
A PASCUA DE XESÚS XERA NOVIDADE DE VIDA
A Pascua en Cristo levou consigo baixar ás profundidades da terra na súa sepultura. A resurrecci6n foi deixar baldeira a cova en que estivera. Resucitou, abofé, o meu amor e a miña esperanza! É o grito da Igrexa con María Magdalena na mañá de Pascua.
O cristián tamén na Pascua deixou a cova e nela o seu “home vello”, o fermento de corrupci6n e maldade. A Pascua celebrada con Xesús é nacemento a unha vida nova, feita de sinceridade e verdade.
Somos unha masa nova" (1 Cor 5, 6‑8). O noso comportamento de cara ao mal, ha de ser o de nenos “recén nados” (1 Pe 2, 2), que descoñecen a mentira e a hipocrisía.
A PASCUA DE XESÚS É COMPROMISO DE TRABALLAR POR UN MUNDO SEGUNDO DEUS
Xesús ao longo dos 50 días de Pascua faise presente moitas veces aos seus discípulos.. O saúdo que lles dirixe sempre é este: “Paz a vós”.
A Paz é o clima da vida nova. Os discípulos énchense de fonda ledicia. O gozo é froito do Espírito Santo que perdoa os pecados. O Espírito Santo é o regalo de Xesús resucitado á súa Igrexa na mañanciña de Pascua. Pero Xesús engade: “Como o Pai me enviou a min, tamén Eu vos envío a vós” (Xn 20, 20).
Todo cristián e a comunidade que celebrou a Pascua debe gardar moi fondas as verbas de Xesús. Non pode gardar para si a paz, nin escondela ledicia. Non pode silenciar a experiencia do seu encontro con Xesús. Ten que ser fermento novo no mundo en que vive, testemuña de Xesús entre os homes, luz e sal na familia, no traballo, nas rúas, na parroquia, no concello. Ten que levar no corazón aos máis pobres e marxinados. Así irá construíndo un mundo máis conforme cos desexos de Deus.
PASCUA
O tempo da Pascua abrangue sete domingos aos que se xuntan logo as festas de Pentecoste, Santísima Trindade e Corpus. Cincuenta días nos que gozamos da presenza de Xesús resucitado, e nos que co seu Espírito nos dispoñemos á tarefa de poñer vida alí onde nós mesmos e outros, por veces, nos empeñamos en poñer morte.
Nesta sección atoparedes textos para a catequese e a explicación da liturxia das distintas celebracións da Semana Santa.
Quero ter un recordo especial ós meus compañeiros da primeira CXD da nosa diócese de Tui-Vigo:
P.José Luis Rodríguez
Josefa (a "presi")
Esther
Xosefa e Ramón (de Sárdoma)
Marce e María (de Tameiga)
Anxo e Olga (do Cristo da Victoria)
Tali e Toya (parroquia de S.Francisco)
Ollea
Antonio (Porriño)
César (e máis eu, de Maristas)
e, máis tarde,
Raquel (do Sagrado Corazón)
Emilio
que me aprenderon a ser Igrexa, Igrexa galega, sen decatarme.
Un bico da "secre", a que suscribe, Nuria.
Adícolle esta páxina ós que quixeron rezar ó Pai na súa lingua e non puideron. Por todos eles.
Cun recordo especial para a miña familia de Osoño e Vilela (Verín), cos que teño pouco contacto pero grandes lembranzas.
Unha aperta moi especial ós que formaron parte da miña comunidade xuvenil de GJC e do meu corazón (e non quero dicir nomes, porque eramos moitos e non quero esquecer a ninguén, vós sabedes quen sodes).
A "Madre Superiora".