O Santo Rosario

 

CONSULTAR:

xanostesaqui.blogspot.com/2020/05/santo-rosario-rezo-completo.html

 

O SANTO ROSARIO

 

MISTERIOS GOZOSOS (luns e sábados)

1º. A Encarnación do Fillo de Deus

2º. A Visitación da Virxe María á súa curmá Isabel

3º. O Nacemento do Fillo de Deus

4º. A Presentación do Neno Xesús no Templo

5º. O Neno Xesús perdido e atopado no Templo

 

 

MISTERIOS LUMINOSOS (xoves)

1º. O Bautismo do Señor no Xordán

2º. A revelación de Xesús nas vodas de Caná

3º. O anuncio do reino de Deus, invitación á conversión

4º.  Transfiguración do Señor

5º. A institución da Eucaristía

 

 

MISTERIOS DOLOROSOS (martes e venres)

1º. A Oración de Xesús na Horta

2º. Os azoutes que padeceu o Señor atado á columna

3º. A coroación de espiñas

4º. Xesús coa cruz a costas

5º. A Crucifixión e Morte do Señor

 

 

MISTERIOS GLORIOSOS (mércores e domingos)

 1º. A Resurreción do Señor

2º. A Ascensión do Señor ós ceos

3º. A venida do Espírito Santo

4º. A Asunción da Virxe María en corpo e alma ós ceos

5º. A Coroación da Nosa Señora como Raíña de ceos e terra

 

  

 

LADAÍÑAS DA NOSA SEÑORA

 

Señor, Ten piedade.

R. Señor, Ten piedade.

Cristo, ten piedade.

R. Cristo, Ten piedade.

Señor, Ten piedade.

R. Señor, Ten piedade.

 

Cristo, óenos.

R. Cristo, óenos.

Cristo, escóitanos.

R. Cristo, escóitanos.

 

Deus , Pai celestial.

R. Ten misericordia de nós.

Deus, Fillo Redentor do mundo.

R. Ten misericordia de nós.

Deus, Espírito Santo.

R. Ten misericordia de nós.

Trinidade Santa, un só Deus.

R. Ten misericordia de nós.

 

( A partir de aquí, contéstase: Roga por nós.)

 

 

Santa María,

Santa Nai de Deus,

Santa Virxe das virxes,

Nai de Cristo,

Nai da Igrexa,

Nai da divina gracia,

Nai purísima,

Nai castísima,

Nai e Virxe,

Nai santa,

Nai inmaculada,

Nai amable,

Nai admirable,

Nai do bo consello,

Nai do creador,

Nai do salvador,

Virxe prudentísima,

Virxe digna de veneración,

Virxe digna de louvanza,

Virxe poderosa,

Virxe clemente,

Virxe fiel,

Ideal de santidade,

Morada de sabedoría,

Causa da nosa alegría,

Templo do Espírito Santo,

Honra dos pobos,

Modelo de entrega a Deus,

Rosa escollida,

Torre de David,

Torre de marfil,

Casa de ouro,

Arca da Nova Alianza,

Porta do ceo,

Estrela da mañán,

Saúde dos enfermos,

Refuxio dos pecadores,

Consoladora dos aflixidos,

Auxilio dos cristianos,

Raíña dos Anxos,

Raíña dos Patriarcas,

Raíña dos Profetas,

Raíña dos Apóstolos,

Raíña dos Mártires,

Raíña dos que viven a súa fe,

Raíña das Virxes,

Raíña de tódolos Santos,

Raíña concebida sen pecado orixinal,

Raíña elevada ó ceo,

Raíña do Santo Rosario,

Raíña da familia

 

  

Año de Deus, que quítalo pecado do mundo.

R. Perdóanos, Señor.

Año de Deus, que quítalo pecado do mundo.

R. Escóitanos, Señor.

Año de Deus, que quítalo pecado do mundo.

R. Ten misericordia de nós.

 

Roga por nós, Santa Nai de Deus.

R. Para que sexamos dignos das promesas do noso Señor, Xesucristo.

 

Pedímosche, Señor, que nós, os teus servos,

gocemos sempre de saúde de alma e corpo,

e pola intercesión de Santa María, a Virxe,

líbranos das tristuras deste mundo

e concédenos as alegrías do ceo.

 

Por Xesucristo, o noso Señor.

R. Amén.

Ave María Purísima.

R. Sen pecado concebida.

 

 

 

 

 

 

Quero ter un recordo especial ós meus compañeiros da primeira CXD da nosa diócese de Tui-Vigo:

P.José Luis Rodríguez

Josefa (a "presi")

Esther

Xosefa e Ramón (de Sárdoma)

Marce e María (de Tameiga)

Anxo e Olga (do Cristo da Victoria)

Tali e Toya (parroquia de S.Francisco)

Ollea

Antonio (Porriño)

César (e máis eu, de Maristas)

 e, máis tarde,

Raquel (do Sagrado Corazón)

Emilio

que me aprenderon a ser Igrexa, Igrexa galega, sen decatarme.

 

Un bico da "secre", a que suscribe, Nuria.

Adícolle esta páxina ós que quixeron rezar ó Pai na súa lingua e non puideron. Por todos eles. 

Cun recordo especial para a miña familia de Osoño e Vilela (Verín), cos que teño pouco contacto pero grandes lembranzas.

Unha aperta moi especial ós que formaron parte da miña comunidade xuvenil de GJC e do meu corazón (e non quero dicir nomes, porque eramos moitos e non quero esquecer a ninguén, vós sabedes quen sodes).

A "Madre Superiora". 

 

 

Contacto

Xa nos tes aqui xanostesaqui@gmail.com