Confirmación

 

DEPENDE DE TI...

Es ti quen debes decidir,

Se actúas ou non,

Se segues adiante

ou volves atrás,

Se camiñas valerosamente

cara a metas afastadas,

ou se te contentas

con permanecer onde estás,

...depende só de Tí.

 

 

SEGUIREI ADIANTE

Vou seguir crendo, aínda cando a xente lamentablemente perda a esperanza.

Vou seguir dando moito amor, anque outras persoas sementen odio.

Vou seguir construíndo ao redor meu, aínda cando outros destrúan.

Vou seguir falando de paz, aínda no medio dunha terrible guerra.

Vou seguir iluminando o camiño, aínda no medio da escuridade total.

E, seguirei sementando, aínda que outras persoas pisen a colleita.

E, seguirei gritando ao vento e ao mundo, aínda canto outros calen.

E, debuxarei moitos sorrisos, nalgúns rostros con bágoas.

E, transmitirei alivio, cando vexa que as persoas teñen dor.

E, regalarei motivos de alegría, onde vexa e haxa tristezas.

Convidarei a camiñar a calquera que decidiu pola súa conta quedar nun sitio, e levantarei os brazos aos que se renderon, e non teñen ningunha esperanza.

 

Porque no medio da desolación, e a amargura sempre haberá un neno vixiante que nos mirará esperanzado, e á vez tratando de esperar algo de nós, e aínda no medio dunha gran tormenta.

Por algún lado sairá brillante o sol matutino, e no medio do deserto árido crecerá unha planta, chea de flores e de froitos.

Sempre haberá un paxaro cantando alegremente ao redor noso, haberá tamén un neno que nos sorrirá alegremente e unha bolboreta que nos brinda a súa beleza silvestre.

 

 

Quero ter un recordo especial ós meus compañeiros da primeira CXD da nosa diócese de Tui-Vigo:

P.José Luis Rodríguez

Josefa (a "presi")

Esther

Xosefa e Ramón (de Sárdoma)

Marce e María (de Tameiga)

Anxo e Olga (do Cristo da Victoria)

Tali e Toya (parroquia de S.Francisco)

Ollea

Antonio (Porriño)

César (e máis eu, de Maristas)

 e, máis tarde,

Raquel (do Sagrado Corazón)

Emilio

que me aprenderon a ser Igrexa, Igrexa galega, sen decatarme.

 

Un bico da "secre", a que suscribe, Nuria.

Adícolle esta páxina ós que quixeron rezar ó Pai na súa lingua e non puideron. Por todos eles. 

Cun recordo especial para a miña familia de Osoño e Vilela (Verín), cos que teño pouco contacto pero grandes lembranzas.

Unha aperta moi especial ós que formaron parte da miña comunidade xuvenil de GJC e do meu corazón (e non quero dicir nomes, porque eramos moitos e non quero esquecer a ninguén, vós sabedes quen sodes).

A "Madre Superiora". 

 

 

Contacto

Xa nos tes aqui xanostesaqui@gmail.com