Sen sacerdote

 

 

PREGARIA EUCARÍSTICA 

 

►.-  Dámosche grazas, Pai, porque nunca te esqueces de nós. Para manter a esperanza no correr dos tempos fúchesnos falando do teu Fillo a través dos profetas.

 

R/. Dámosche grazas, Señor, por irnos preparando o camiño do teu Fillo.

 

►.-  E na plenitude dos tempos, enviar ao teu propio Fillo, como Redentor, por todo iso loámoste, Pai, dicindo:

Santo, santo, santo es Ti, Señor, Deus do universo. Enches o ceo e mais a terra coa túa gloria. Hosanna no ceo. Bendito o que vén no nome do Señor. Hosanna no ceo.

 

►.-  Deus e Pai noso: Por encima de todo, Ti sempre buscaches o noso ben. Polo nacemento do teu Fillo fixeches presente o teu consolo aos que sofren; a túa esperanza aos pobres; a túa liberación aos oprimidos e a túa salvación a todos.

 

R/. Pai dos homes, Deus do universo, loamos o plan do teu amor.

 

►.-  Logo enviaches o teu Espírito Santo, para facernos fortes na fe. El cumpre as túas promesas. El vive connosco. El guía a túa Igrexa e os seus pastores e fainos camiñar alegres na esperanza e firmes na fe.

 

R/. El dános forzas para anunciar a morte do teu Fillo e proclamar a súa resurrección ata o día da súa vinda gloriosa ao final dos tempos.

 

►.-  Desexosos de que o teu Reino de amor se estenda polo mundo ofrecémosche a nosa vida, os nosos traballos, as nosas loitas e as nosas esperanzas.

 

R/. Axúdanos a construír a unidade entre os irmáns. Dános o don da paz e da fraternidade para que o mundo se alegre e atope en Ti o amor que une e a liberación que salva.

 

►.-  Lémbrate, Pai, dos nosos irmáns e irmás que morreron na paz de Cristo, e de todos os defuntos cuxa fe só Ti coñeciches; que cheguen a contemplar a luz do teu rostro e a plenitude da vida na resurrección.

 

R/. Loámoste, bendicímoste e dámosche grazas.

 

 

 

Quero ter un recordo especial ós meus compañeiros da primeira CXD da nosa diócese de Tui-Vigo:

P.José Luis Rodríguez

Josefa (a "presi")

Esther

Xosefa e Ramón (de Sárdoma)

Marce e María (de Tameiga)

Anxo e Olga (do Cristo da Victoria)

Tali e Toya (parroquia de S.Francisco)

Ollea

Antonio (Porriño)

César (e máis eu, de Maristas)

 e, máis tarde,

Raquel (do Sagrado Corazón)

Emilio

que me aprenderon a ser Igrexa, Igrexa galega, sen decatarme.

 

Un bico da "secre", a que suscribe, Nuria.

Adícolle esta páxina ós que quixeron rezar ó Pai na súa lingua e non puideron. Por todos eles. 

Cun recordo especial para a miña familia de Osoño e Vilela (Verín), cos que teño pouco contacto pero grandes lembranzas.

Unha aperta moi especial ós que formaron parte da miña comunidade xuvenil de GJC e do meu corazón (e non quero dicir nomes, porque eramos moitos e non quero esquecer a ninguén, vós sabedes quen sodes).

A "Madre Superiora". 

 

 

Contacto

Xa nos tes aqui xanostesaqui@gmail.com